O MEU TEITO DO CEBREIRO 1

Cando coñecín a Juan eu xa sabía quen era. Traballou con Ridley Scott nunha película na que Eva Green estaba gloriosa. El era un dos últimos teitadores do vello continente. O seu oficio, teitar, ben sendo una reliquia nos nosos días, pois xa niguén pon teito de palla na sua casa, e por iso o chamara o director de Alien para lle teitar un poblado enteiro na peli do Reino dos Ceos.

Paletando

 

De non deixar descendencia profesional, a sua xeración será a última en coñecer os segredos dunha arte con moitos milenios de emprego e beleza.

Tiña que falar con él.

A maxia quiso que nos coñeceramos nunca festa vikinga nos Ancares Leoneses ó ano novo onde non houbo moito tempo para o palique.

Juan, quero que me aprendas a teitar, lle dixen.

El sorríu e seguíu coa farra.

Cando volvín daquelas montañas so tiña duas cousas na cabeza: aquelas fermosas pallozas que quedaban nos Ancares e una dúvida… non estaba nada convencido de que houbera conseguido algo. Pero insistí, sabía que Juan se quedara coa miña cara.

Tempo despois, pasado Beltaine chamoume para decirme se quería axudalo teitando no Cebreiro,

Carallo! que mellor sitio!

O Cebreiro non é un sitio máis, alí levase condensando a maxia que pousa o tempo coma o polvo nas casas abandonadas de tal xeito que xa non e doado quitalo por moito que tentemos barrer.

En realidade xa non se pode quitar.

Carro e Pote

Eu non sei ben que é a maxia, pero sei onde atopala, ainda que cada día me convenzo máis de que está por todas partes.

Está nas miradas dos crios cando ollan dese xeito no que non caben as certezas.

Está na luz que mostra o profundas que poden ser as tebras que as veces nos rodean.

E tamén está na natureza que nos dá tanto coma nos quita.

Pero sobretodo está en sitios coma o Cebreiro.

neboa

Penso que cada un de nos leva dentro da sua cabeza una idea da sua casa ideal ainda que non saiba dela, eu conservo dende cativo una imaxe clara.

A miña casa ideal é una palloza.

O meu teito no cebreiro

 

O Cebreiro conserva algunha das pallozas mais fermosas da Galiza, poder entrar en contacto con elas dunha forma tan intima, mesmo deixando a miña pegada formaba parte dun soño largamente acariñado, mais Juan non era un home corrente nin esta aldeiña un sitio máis.

Juan doume palabra de que me aprendería todo o quixera saber das pallozas, mesmo a facer unha, só tiña que ser paciente.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Pasaría coma fora o verán teitando no Cebreiro.

 

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

 

 

             ∗                         ∗                        ∗

 

O Cebreiro é un sitio liminal, un cabo desde mundo que habitamos e as veces tamén una fronteira. A primeira vez que cheguei aquí viñen como un pelegrín dos nosos tempos, con pouca fe e moitas prisas, mais a brisa fresca que nos recibiu aquela mañá despexoume as ideas coma cando se abre unha vella porta os catro ventos, atrás quedaban os calores da meseta e o polvo dos páramos leoneses polos que habíamos pasado. En diante todo mudaba, os verdes cubrían os montes ata onde alcanzara a vista, e unha curva sinuosa dominaba a paisaxe facendo que a mirada se relaxase.  Sen dúbida, este sitio é unha das portas da Galiza para todolos camiñantes, se cadra a mais fermosa e antiga.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

E difícil entender que levou os primeiros habitantes destes montes a se establecer nesta ventosa golada tendo en conta que non hai fontes de agua doce perto nin apenas terreno chan; o único espazo despexado e sin pendente ocupao a iglesia de Santa Maria e as dependencias do que queda do antigo hospital para pelegríns, así que as razons que moveron á xente a ocupar un sitio tan pouco hospitalario non puideron ser outras que relixiosas, co tempo, o acubillo da ermida apareceron as pallozas dos pastores, e seguramente os primeiros pelegrins, ala polo século IX se facemos caso ó que din os libros de historia.

 

igrexa de Santa Maria do Cebreiro

Mais a min me da que a traxectoria do Cebreiro comeza mas atrás, non saberia dicir canto.

 

PP-CEBR (1)

O creo así por varias razóns que aquí confluem dum xeito singular:

A primeira é a sua ubicación nunca antiga ruta anterior a chegada dos romanos e tras deles da relixión cristiá, e a segunda porque nesta vía longamente frecuentada existe unha fronteira xeográfica clara como demostra o propio topônimo do concello o cal pertence, Pedrafita do Cebreiro, pois esas pedras fitas ou chantadas de pé non eran outra cosa que marcas territoriais alá pola idade do ferro, senón antes… sexa como fose calquera que se achege e bote unha ollada a un lado e outro do monte do Cebreiro acordará que a paisaxe que se estira hacia ó nascente non e igual que a disposta a poñente, como tal ocorre en tantos outros sitios onde as montañas crean diferentes climatoloxías según as vertentes.

Pero o factor fronteirizo ou liminal do Cebreiro vai máis alá de cuestións xeográficas ou ambientais, pois a semellanza do que acontece en San Andrés de Teixido eiquí se percibe que estamos nun cabo do mundo. unha porta sempre aberta cara o alén, o mais alá.

 

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Ben é certo que para ser testigo desto hai que ter sorte e un sentido especial, coma lles ocurríu os pioneiros que habitaron estas montañas que sabe cando.

E eu viñen aquí pra falar con eles sen sabelo.

 

pagina 3

 

TEITANDO

O proceso de teitado comeza moito antes de poñer o pé no teito, cando se prepara a palla de centeo. Denantes de todo compre saber que unha palloza pode levar entre 1500 e 2000 mollos o que pode supoñer unha extensión de catro hectáreas de cereal. Unha vez feita a sega agrupase nunha meda disposta de forma mais ou menos cónica; a que vedes na foto, con Burbuja no curuto, está bastante lonxe daquelas que facían antes os paisanos competindo entre eles por presumir da máis fermosa, e que algún ainda poderá recordar espalladas polos campos a finais do verán.

1 jpg

Este ano un grupo de entusiastas de Fonfría, preto do Cebreiro, repetiu a man as antigas labores de escolmado, malla e atado que agora no mellor dos casos fai unha máquina; ainda que según Juan o resultado deste traballo artesán é moi superior o proporcionado pola tecnoloxía.

O primeiro é escolmar a palla, collendo puñaos ou fachizas da meda pra lle quitar as pallas pequenas e as herbiñas verdes que trae, de non facelo o teito da palloza non pasaría do primer inverno, podrecendo rapidamente.

escolmando

De seguido ven a malla. Antes a facían os homes e mulleres conxuntamente, cuns paos longos dos cales penduraba outro, o mallo, axeitado pra multiplicar a forza dos brazos cando se batía con eles sobre a palla. O sentido deste traballo e quitar o gran de centeo que logo quedará a miles polo chan da eira, de onde obviamente se recolle pra facer ese pan tan rico que teñen en Lugo. Eiquí, como non temos mallos o facemos batento coa palla sobre unha mesa.

preparando o manizo

mallando

malla

O gran de centeo salta por todas partes.

Logo de quitarlle as herbas verdes e o gran xa o temos preparado, o banco de madeira que vedes a esquerda das fotos hanos dar a medida xusta do mollo e facilita a tarefa de atalo.

o escolmado 4

Traballo feito!

vaia non, ainda quedan 1600 mollos mais!

o mollo

Ben, imos levando algún cara o palleiro!

o mollo 2

    ∗                                    ∗                                   ∗

Nos improvisamos un palleiro nas cortes das pallozas, o que aquí lle chaman a estravariza que era onde se gardaba a facenda (gando menor) e os bois e as vacas se has había… O importante é que os mollos non queden o aire mais da conta.

 

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

 

A mañá, cando sae o sol comenzamos a carretar mollos ou colmos cara o tallo.

 

carretando

Que é como lle gustar chamar a Juan o aberto no teito, deixado por él o dia anterior.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Cando se teita unha palloza nunca se lle quita toda a palla vella dunha soa vez, sería como deixala espida os elementos, sen protección ningunha, facémolo por tramos que en caso de apuro se poderán volver a tapar rapidamente, o que deixa as ripias ó ar, coma se fosen o esqueleto sen plumas do páxaro que cobre e acubilla esta casa.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

 O de gorro branco é Juan e o que esta subido o teito e Santos.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Santos Neira é outro Ancarés tamén de Burbia coma Juan. Ainda que na foto ten cara de pirata perigoso recoñezo que é outro home dunha calidade excepcional e tamén un dos mellores traballadores de Construpiedra, a empresa de Juan. Ambolos dous comparten a paixón por teitar, o que os converte en homes felices e teimados pois traballo e devoción no seu caso van dan mao.

Creo que esta foto faille máis xustiza ó home do que falo.

 

20191001_122536

Como sei que Juan non lee esto vouvos contar un segredo: él ten outra paixón moi ben levada que ten tamén moito que ver coa palla, Burbuja, mais se cadra esta non lle é tan fácil de recoñecer.

 

IMG-20190916-WA0001

O saber dos antigos teitadores itinerantes dos Ancares que na estación viaxaban por toda estas terras de montaña Galega, Asturiana e Leonesa está a salvo con Santos polo menos outra xeración máis. Xa me quedo mais tranquilo.

Ben abonda de enrredar, imos ó tallo.

 

Deja un comentario