O MEU TEITO DO CEBREIRO 2

Vou intentarvos describir dun xeito sinxelo como é o proceso de teitado da palloza do Quico, a máis grande das que ainda quedan no Cebreiro.

A comezos do Lugnasa marchei cara ela onde Juan tentou de explicarme o mellor que sabía do seu oficio, mais o certo e que nin Juan era o mellor dos mestres nin eu tampouco bo alumno. Non entendia nada.

Juan explicando

Eu non estaba afeito a aquelas calores, nin entendia a metade dos termos  empregados por Juan na suas explicacións. Así que decidín observalo detidamente e darme un tempo para ir collendo a cousa.

Normalmente as pallozas se teitan sempre dende abaixo cara ó cumio independentemente de donde se faga o arranque. Nos empezamos o teitado da palloza do Quico xusto nas beiras inferiores, o que lle chaman o fondo.

o tallo

Juan escomenzou cedo pola mañá poñendo o carro entre as ripias coma si aquelo formase parte dun ritual. Teatralizaba os movementos sabedor de que unha imaxe vale máis que mil palabras.

colocando o carro

Antes de subir ó teito xa tíñamos mollados os brincallos ou vencellos dende o día anterior, deixandolos fora, as portas da corte, para que a humidade da noite aumentase a plasticidade desa especie de cordas feitas de palla trenzada e que nos habían servir para atalos colmos ós taboleiros que forman as ripias, eles son os responsables de que o teito non marche e ainda que non o pareza da sua forza depende que a casa poda manterse en pé ano tras ano. Atar palla seca con palla mollada pareciame cousa pasmosa, inexplicable ata que o fai un mesmo. Segundo Juan me dixo un non pode considerarse teitador namentres non saiba facelos axeitadamente.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

O primeiro que se fai é poñela palla xusta pegada as beiras das lousas que fan o fondo do teito, algo intuitivo para Juan que có tempo acabaría eu tamén interiorizando.

poñendo palla

Nas primeiros andadas utilizamos corda de esparto en vez dos vencellos de palla pois e máis doada de pasar entre as lousas e as ripias; normalmente se atan tres fachizos ou montóns deixando sempre un oco aberto ós lados por onde nos andamos.

tres manizos

E imprescindible que uns vaian atados ós outros á vez que ás ripias, non sendo doado encontrar a corda das andadas de días anteriores, para o cal empregamos a paleta que nos deixa á vista onde temos que facelo empate, eu na foto vola sinalo cunha estaca.

o empate

Cando se fai a segunda andada, que é a que vai atada as segundas ripias so se atan dous fachizos como moito, empezando sempre polo de fora, que é o que está máis perto do tallo aberto no teito. Compre manter o nivel da palla a mesma altura que os parellos que quedaron feitos do día anterior. Para o cal a paleta pode suplir ó ollo inexperto.

medindo coa paleta

A partires daquí conven ir “acurioseando” a palla, primeiro coa man e logo coa paleta non vaia ser que se perda a liña pendente que debe manter o teito. Esta operación reforza os nudos dos colmos ó aumentar a presión sobre eles cando se forza a introducción da palla ó petar con esa formidable espada de madeira. Folga decir que a espiga queda cara arriba como ben se ve.

juan artista de la paleta

 O complicado comeza agora, cando Juan volve a intentar aprenderme a atalos brincallos que é como lle chaman estes Ancareses ós nosos vencellos. Trátase dunha operación que require forza e destreza manual pois ten que facerse rápido para que o resultado non se abra co tempo, pois realmente non se trata dun nó senón mais ben dunha reviravolta ou ollo que queda pellizcado sobre si mesmo.

juan atando brincallos

Un non se fai boa idea do esforzo que supón isto ata que se sube a un teito e proba, a palla mollada escurrese entre os dedos, desenrredase e pincha os brazos, a posición na que se ata é invariable, sempre dende abaixo para que o abrazo do vencello pechado non sobrepase a metade do colmo, algo que tardaría en aprender, se é que xa sei facelo ben…

apretando

E así todo seguido teito arriba, poñendo fachizos, atando e acurioseando a palla ata chegar ó remate, que neste caso está a metade de teito pois non se muda todo, senón somentes as partes baixas que son as que quedaron máis deterioradas polo tempo nesta cara que mira o norte.

remate

Como Juan xuzga axeitadamente que ainda non domino o atado dos brincallos me deixa facer os remates, que nunca van atados, senón metidos a presión coa paleta, según él niso si que son un experto.

axuda de paleta

Ben, namentres o meu mestre non chega arriba, voulle levando palla…

yo teitador

Nos seguintes días porfín comezo a deixar atados os vencellos coa devida tensión, aquela que non permite colar un dedo entre as pallas ó carón dos nós. Ainda que debo recoñecer que as miñas poses son un tanto dramáticas… coma se andivese a pelexar con ela.

dominando os nudos

Co tempo Juan deixaríame subir o cumio do teito facendome un teitador máis ós ollos dos despitados turistas que non paraban de facer fotos e preguntas todo o dia.

IMG-20190806-WA0005

Unha das meirandes sensacións que tiven ó dominar o arte do atado foi comprobar como aquela labor de poñerlle un teito de palla a unha palloza enteira non era cousa de titáns senón de pacencia e oficio e eu aprendía máis rápido do contado.

IMG-20190807-WA0008

Os dias pasaban rapidamente, había días dunha calor ó fío do soportable nos que andiven a piques de esmorecer.

IMG-20190905-WA0007

Noutros a chuvia xogaba a nos estragar o día de traballo, pois con ela non se pode teitar, pero Juan é un tipo duro de pelar e aproveitaba ata o último momento (que ven sendo cando un sinte que xa está totalmente calado).

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

E moitos máis nos que teitar era un labor delicioso como o traballo do xastre cando viste a unha muller fermosa.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

      ∗                               ∗                                 ∗

 Os días de chuvia, cando chove de verdad e non nos é posible subir ó teito o traballo continua abaixo, no chan, aproveitando o tempo para terminar de mallar. Cantos menos grans de centeo queden na espiga menos ratos vivirán no teito e polo tanto menos furados farán.

20190925_111354~2

Tamén compre ir desfacendose da palla vella que se botou do teito e que comenza a acumularse notoriamente na eira. Carolo, un dos veciños mais veterans do Cebreiro deixanos o tractor para que carguemos o que podamos e así levala a sua horta onde fara un abono dos melloriños. Perdín a conta dos remolques que foron…

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Agora entendo porque lle chaman palloza ou pallaza a esta fermosa construcción pois non é outra cousa que un superlativo de palla. Un teito enteiro pode levar entre catro e oito toneladas dela.

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Neses dias, dicía, cando o tempo convida a facer uso do teito dende dentro, Juan acende o lume na lareira e a palloza deixa de ser un fósil etnográfico.

as luces da Palloza

E volve á vida para se converter no noso fogar, facendonos sentir acollidos, quentes e a resgardo como xa non acordaba dende cativo cando buscaba as apertas da miña nai.

lume na palloza 2

O fume sae a traves da palla favorecendo a desinsectación e a impermeabilidade.

fume atraves da palla

E Juan vai facendo novos brincallos ó calor dese lar ancestral.

juan facendo brincallos 2

Eu intento imitalo como podo, pero se xa me era díficil atar ben con eles, facelos axeitadamente ainda non está ó meu alcance.

eu facendo brincallos

Creo que prefiro ir arrimando o pote ó lume e de paso enchendo o tambor de castañas.

pote e castañas

Logo cenaremos algo de caldo de berza, viño e pan de mezcla, como ven sendo costume.

20190910_210141~2

A noite, cando a escuridade diminue o noso universo ó iluminado polo lume da lareira Juan continua atarefado sacando fío coa machada a estacas de pao namentres conta historias de medo; eu miro para él e me arrepio!

facendo estacas

Voltando a sentirme un daqueles nenos e nenas de antes que tanto medo como ledicia sentiron ó calor e a luz daquelas lapas.

 

rapaz

 

  ∗                                    ∗                                       ∗

O final do lugnasa, o mes do panceltigo deus Lug chegou, e con él tamén nos chegamos ó remate do teitado da palloza do Quico.

As últimas andadas foron dun esforzo máximo pois o empate da palla nova contra a vella require dunha técnica so ó alcance dos mestres teitadores, habendo veces nas que Juan parecia desaparecer engulido pola palla.

 

devorado pola palla 2

 

Mais se me teño que quedar con algo daqueles, as veces, duros traballos, creo que nunca esquecerei a calidade humana e profesional do meu mestre

Juan dende dentro

e das tardes nas que o mundo desaparecia ós nosos pés, namentres acurioseabamos as plumas daquela ave fantástica que por tantos anos deu acubillo ós homes e mulleres que habitaron estas terras.

 

ultimos fachuzos 3

 

 

Deja un comentario