Deixademe que vos conte algo da maxia que ten o Cebreiro.
Houbo unha noite na que todo semellaba normal pero á vez non o era.
Eu non daba acougado na miña choza, así que marchei dar unha volta.
Parecía non quedar ninguén nesta aldea tan afeita a ver o paso cotián de viaxeiros e pelegríns.
O sair, ollei cara a palloza de Galán onde gardabamos a palla nova, iluminada pola luz artificial dos farois tiña un aspecto extraño, como de conto de meigas.
Percateime deseguida de que algo podía ocorrer, así que decidín deixarme levar polos meus pasos onde me quixeran levar.
Subín cara a palloza de Xan Lopez, a que se emprega de museo etnográfico.
Ostia! pero como pode ser, era certo?, non había ninguén.
Mireina de refilón, sen querer descuidar os flancos e tiven a mesma sensación.
Algo saltou entre a vexetación e o muro que non puiden capturar co móvil, que sei eu, se cadra un gato. Nese mesmo instante foise a luz en todo o Cebreiro.
Carallo! esto estase poñendo interesante.
O pasar por diante da Igrexa de Santa Maria unha luz vermella chamou miña atención.
Pero no nos habiamos quedado sen luz?
Ahhh, ¡xa sei! ¡á luz das velas! ¡Como impresiona vela iluminada tal cual estivo ás noites dos últimos mil anos!
De volta, pasei novamente por diante das pallozas que habiamos restaurado ó longo desta temporada pero xa non parecían as mesmas.
Unha luz extraña flotaba no ar.
A palloza do Quico, a mais grande e fermosa do Cebreiro que eu axudara a teitar abriu lentamente a porta, do seu interior saía un resplandor diferente.
Pero como? se alí non deberia haber ninguén!
Achegueime de contado non fora a ser que houbera un incendio nela.
Mirando cara dentro, todo estaba no seu sitio, alomenos como o deixaramos aquela tarde cando acabaramos de rematar o seu teito. Novamente todo semellaba extrañamente normal.
Pero a vez non o era…
¿Quen acendera a lareira?
Eu creo que ás preguntas compre buscarlle sempre unha resposta por moito medo que nos den, así que resolvín entrar na palloza.
Nada máis pasar o umbral unha corrente de aire pechou a folla inferior da porta tras de min.
Asustoume, non o nego.
Din a volta instintivamente cara ela.
Unha lúa descomunal saíra recibirnos.
Me sabía acompañado.
Non é a primeira vez que me pasan cousas así, mais un non termina de afacerse a maxia do tempo, ela é mais poderosa que nos, atraendonos como as polillas á luz, sen medir o perigo.
Unha fogo vivo ardía onde antes estaba o pote.
Pero alí xa non estaba.
A atmosfera dentro daquela casa de palla mudara totalmente.
Pode que a foto que botei os ilustre algo, pero asegurovos que nin a imaxe, nin mil palabras conseguirán descreber o que vin.
Aquel non era un lume coma os outros ós que estaba afeito.
Ou si?, non o sei…
Onde comeza e remata o que consideramos normal?
Podesmo dicir ti?
Será o costume o que nos fai ver todo así, tan profano.
Ou serán as tebras que as veces nos rodean o que cambia o modo de ver as cousas?
Eyhh! Que terá o lume? escoitei…
Creo que naquel momento me quitei dun conxuro,
da picadura dunha rosa negra que me había malferido o corazón.
A máxia as veces, existe. Ben o sabes…
∗ ∗ ∗
VENCELLOS
Unha fría escuridade botouse dentro da palloza á mesma velocidade que minguaba o lume na lareira. Achegueime confiado cara ela ata sentar o seu carón, non quería arrefriarme, ficando por un tempo coa mirada perdida nás lapas ata olvidarme de todo.
O noso lume desaparecía, mais non quería morrer.
O cativo calor daquelas lapas que esmorecían deume un solpor embriagador, non sei, se cadra quedei dormido alí mesmo, tivo que ser iso… e aquel lume que tantas veces nos quentara trasformouse nunha onda de fogo arrastrandome cara a dentro.
¿Que terá o lume? ehhh?
Merda! que carallo é esto, esperta xa!
Abrín os ollos apresa e mirei cara o teito da palloza como collendo folgos pra me levantar, unha luz azul entraba docemente polo fondo deixando ver uns curiosos obxetos pendurados das vigas que me eran queridos, mais eu non os acordaba así, tan vacios. ¿Onde marcharan os xamóns, touciños e chourizos que alí gardábamos?.
A luz azul foi gañando forza, entraba polo teito a chorros ata iluminar todo o interior da nosa morada,
ó mesmo tempo, a porta do forno abriase de par en par deixando que a luz azul penetrara ata o chan da lareira. Mais non chegou tocar ó lume.
Aquela luz azul non podia ser o luar…
Foi o crepitar das faíscas o que me traeu de volta cara onde estaba e puiden ver unha serpe, ou cabalo, ou dragón, que sei eu… De duro ferro, eso si o acordo.
Entonces, de supeto, a imaxe dun home parecido a min pasou velozmente por diante dos meus ollos.
Aquel home fora eu nalgún momento das nosas vidas.
E desapareceu tan rapido coma aparecera…
Espertandome de novo.
∗ ∗ ∗
Voltei de novo en min.
Mais, ¿como podía estar seguro de onde estaba?, aquela palloza dos meus soños infantís, a mina casa ideal agora me era tan familiar coma se houbera nacido nela, embora as cousas non estaban onde debían estar nin parecían as mesmas.
Todo semellaba morto ou detido no tempo.
Os vencellos estaban desaparecendo deixando a casa sen teito, espida e pasto da ruína.
O berce estaba vacío.
Aquel dragón de ferro que antes sobrevoaba o lume semellaba mais ben un burro.
Os sarillos que perduraban do teito criaban tearañas no canto de touciños,
e nas paredes abrollaban reblos de palla.
¿pero que fago eu aquí?, ¿estou esperto ou sigo durmido?, mais ainda! ¿quén son eu agora?
A maxia do tempo pasado, aquela que nos arrastra coma as polillas á luz, cala fondo no Cebreiro.
∗ ∗ ∗
As veces cando as cousas se torcen en serio compre buscarmos refuxio nalgures, o fogar da nosa infancia e un dos mais recurridos, alí sempre nos agardarán a nosa nai e pai cun sorriso na faciana. Non e ningún segredo, sucedelle a todolos homes e mulleres deste mundo alguna vez na suas vidas.
A infancia é o autentico fogar perdido do cal nos bota o tempo e ó cal tentamos regresar sempre a traves dos nosos fillos.
Ay daqueles que xa non teñan casa familiar, que xa non teñan infancia onde buscar refuxio! vagaran por sempre orfos, errantes e perdidos…
∗
A luz eléctrica das bombillas estilo retro quebrou o fluir daqueles pensamentos meus traendome de volta á memoria.
Xa sei que tempo é este!, xa sei que fago aquí!, xa sei quen son!.
A resposta percorreume de punta a punta coma un lostrego: porfín recordo!, eu viñera aquí pra manter e reforzar os vencellos que soportan en pé o noso teito, a nosa casa ancestral.
Ben sabedes algúns que hai cousas que nunca deberiamos deixar morrer, pois o que para moitos non pasa de ser máis que unha idea romántica ou no mellor dos casos un traballo fermoso, pra nos os Gael é por riba de todo unha cuestión de supervivencia.
Ninguén pode vivir sen memoria.
∗ ∗ ∗