O MEU TEITO DO CEBREIRO .II

O verán non dura moito no Cebreiro, a mediados de setembro xa comeza a dar mostras de esgotamento e eu tamén xuzguei ter suficiente co aprendido hasta aquí.

20

– Non estarás pensando en marchar agora que queda o mellor, espetoume Juan.

– Non ves que xa somos un equipo! engadíu Santos.

– Pois non, claro que non! respondín ó calor do nacente compañerismo.

A palloza de Xan Lopez, a primeira que encontran os pelegríns cando chegan ó Cebreiro e que se ven utilizando como museo etnográfico agarbada o seu turno e eu xa era un máis dos teitadores.

1 

Nun principio o objetivo era mudarlle todo o teito vello por palla nova pero nesta occasión, en vez de facelo por tramos como na palloza do Quico, Juan decidiu empregar os últimos días de tempo estable pra quitar todo canto puidéramos, deixando logo cuberto o vacío cunha lona plástica azul, ademais de montar andamios ó redor.

 

2.1

Folga decir que o resultado a vista perdia muito romanticismo pero facilitaba a tarefa. 

 

2 comienzo

A cantidade de palla que se amontonaba ós pés da palloza casi a facía desaparecer da vista.

 

2.2

Un día que compartíamos unhas setas a brasa na lareira con Manolo, o garda das chozas, o meu mestre nos comunicou a sua sospeita da pouca utilidade dos nosos traballos. 

 

3

Botamos a rir… 

– e logo non che gusta como atamos os brincallos ou che sentaron mal as setas? 

– Pois non!, nin unha cousa nin a outra! este teito non aguantará os anos que duren esos atados, catro das vigas están totalmente podridas, foi gracias a que retiramos toda a palla vella que o puiden ver, senón caeron ate o de agora foi por que Deus non o quixo. 

Calamos todos, Manolo quedou pensando.

 

4

Habería que cambiar boa parte da estructura de madeira que soportaba o teito e eso nos retrasaría varias semanas mais metendonos de cheo no inverno.

– Vos diredes, ou seguir ou deixalo ata o próximo ano. Xa sabedes que non se teita a partir de defuntos…

 

5

A mañá do seguinte día contra á porta da palloza apareceu unha pequena coleción de ferramentas que nos había servir para botar todo abaixo e refacelo de novo. 

Non nos habíamos de botar atras agora que quedaba o mellor…

 

6

 

 

Nos dias de finais do verán comenzamos a quitar as vellas ripias con aquela humilde ferramenta, todas estaban fixadas con cravos de ferro e non con puntas ou trabes de pau como se facía antes. Primeiro paseniñamente,

 

8

despois dunha forma mais contundente…

IMG-20191001-WA0002~2

logo caeron as vigas e os cangos, algúns literalmente, pois moitos estaban tan podres que rompían con facilidade.

10

cando non era así, tirábamos sen complexos da raiña das ferramentas: a motoserra.

9

mais a min daquela o meu mestre non me deixaba tan poderoso aparato, 

non era nada doado empregala facendo equilibrios entre as últimas vigas.

11

   A par que iba desaparecendo o esqueleto de madeira que soporta o teito Juan buscaba un remplazo polos aserradeiros da contorna.

 

7

Ei de decir que unha das cousas que máis me sorprendeu da sua competencia foi que non sobrou nada de madeira. O día que chegaron as novas vigas ata o pe da palloza había mais das que tíñamos pensado poñer, o cal estrañoume.

– ¿E logo para que veñen catro paos a maiores? pregunteille.

– Anos facer falta para ripia, xa verás…

– Pero si xa temos un feixe de pola de castiñeiro

– non ha chegar…  contestou confiado.

E así foi para a miña sorpresa, cando rematamos de poñer toda a nova estructura de madeira os únicos paos que quedaban ós pes daquela ancestral casa eran os vellos que habíamos tirado dela.

¿Como demo fixo este home para saber con total certeza canta madeira facia falta para vigas, cangos e ripia?

Contando dende logo non, pois o numero deles que quitamos non coincidiu para nada co empregado na reposición.  

Sen subida a experiencia é a nai da ciencia…

         ∗                              ∗                               ∗ 

O primeiro traballo que houbo que facer antes da montaxe da nova estructura portante foi pelar a man todo ese montón de troncos espallados pola antiga eira da casa. 

20190930_123332  

Un sinte un extraño prazer cando fende a madeira co machado axeitadamente e a cortiza se despega a primeira, e cuestión de forza e precisión, podería ter sido un deporte tan bárbaro como cortalos. 

 

12.2

Para as pólas de castiñeiro o machado iba grande

 

20191009_103805~3

así que empregamos a fouce, as tiras de cortiza que caían a centos deixaban un agradable olor dulce no ar mentras a humidade iba caladamente en aumento. 

 

14

Cando comenzaron as chuvias daba pena ver a choza do Xan.

12 desnuda

Cambiar un teito enteiro é sen dúvida unha intervención traumática, máis se chove, así que non había tempo que perder. Decidiuse que namentres Santos comezaba a teitar polo lado»sano» do teito

13

eu traballaría a reo no chan facendo ripia daqueles troncos que había xuzgado de máis.

15 dia de perros

pero ainda quedaba o máis importante: escoller un tentemozo.

O gran pao vertical do que pende toda a estructura, e que nos chamamos esteo.

Este pilar de madeira non se pode mercar pois require que nun dos extremos conserve parte das pólas sobre as que descansaran as vigas nai; hai que encontralo polo monte, talalo, traspotalo, pelalo, etc… mais Juan xa lle tiña botado o ollo a un Castiñeiro que caera tempo atras nos montes de Burbia, un pastor coma él nunca descoida o seu territorio.

 

IMG-20190914-WA0000

Aquel ollo do meu mestre estaba moi ben afinado, cando o trouxemos para medilo apenas sobraba medio metro.

16 o tentemozo 

e por fin Juan dixo algo que devecía escoitar dende que comezaramos: colle a motoserra!, voute ensinar a cortar con ela.

 

20191009_114920~4

 

             ∗               ∗                     ∗

 

Pra min, a parte mais interesante da restauración da palloza de Xan arrancaba agora que xa tiñamos todo a punto: había que poñer en pe todo aquelo.

Denantes de nada está o fundamento do esteo ou tentemozo, compre separalo do chan un anaco para evitar que podreza ca humidade que hai a rentes del, para o cal nada millor que unha boa lousa que metimos a pulso nas cortes da palloza.

 

17 basando

Sobre ela, no centro, introducimos un perno de ferro para evitar desplazamientos indesexables unha vez alzado o formidable pao que soporta a teitume.

 

18. 1vamos parriba

Levantar e equilibrar unha viga que pesa media tonelada é sobre todo unha cuestión de coordinación, tamen de cordas e poleas.

Todas as maos eran benvidas así que non puiden facer fotos daquelo que ainda hoxe non me explico ben como saiu a primeira, e que tamén nos deixou sen folgos…

 

18.2 esteo

Agardo que Juan traia unha grua!. Non quero imaxinar se temos que subir do mesmo xeito todas as vigas que quedan, pensei inocentemente.

Oes Juan!, como imos subir o resto dos paos? 

Non temas, dixo. Deixao da miña conta, teño unha poción máxica…

Quedei máis tranquilo.

O día seguinte cedo pola mañá, Juan xa non era Juan senón Superjuanillo.

19 

Unha a unha, el soliño, nos mandaba os troncos que farían de vigas e cangos cara onda nos estábamos ata deixar todo composto e no seu sitio.

 

23

 

 

(Ben, isto no foi exactamente así, senón mais ben como fixéramos co tentemozo, a base de forza, coordinación, palancas, poleas e cuñas, pero como sei que ó meu mestre gustaba de presumir de bravura nestas tarefas e agora xa me anda a espiar o que del escribo no blog, ímolo poñer así que creo que lle a gustar…) 

Coas vigas repostas todo o traballo volvia ó teito, á reconstrucción do esqueleto quedaballe poñer as costelas que forman as ripias.

25mi amiga la motosierra 1

para o cal o tempo soleado viña estupendamente, mais non durou moito.

24 mao a mao coas ripias

a finais de outubro a chuvia, o frío e o vento caeron a plomo sobre nos e xa non marcharían máis, collendonos en corpo e alma inmersos no traballo. 

 

 

 

Achégase o inverno rapaces!, nos decían os veciños, bulide!

 

23 neboas

                    ∗                   ∗                    ∗

 

 

O noveno mes do antigo calendario pagán, o noso novembro, fixo honor a súa advocacia cristiá e aquelo converteuse nun purgatorio, non había día sen chuvia.

 

humidade

Os poucos días que levantaban as nubes mais alá das nosas cabezas aparecía polo fondo da paisaxe unha mancha branca e fariñenta que so podía avisarnos dunha cousa… O inverno aquí non é como no resto da Galiza.

28 

Habíamos sobrepasado o Samain e a escuridade ganaba frente o día. Por diante quedaba teitar prácticamente toda a palloza do Xan, polo que sen saber ben cómo decidimos que xa non se respetaban as normas tradicionais dos teitadores, tíñamos teitar a desesperada.

20191111_131458 

Non é doado teitar con frio, o corpo entumecese rapidamente naquelas partes que non traballan ralentizando os movementos, semellabamos automatas que perdian aceite, se por riba chove e corre o vento a labor do día convertese nunha loita contra os elementos atmosféricos.   

Os vecinos tiñan moita razón pero o inverno bulía máis ca nos e eu arrefrieime unha noite por pasala sen lume na choza.

20191113_110311~2

O seguinte día, unha impoñente nevada caía mentras eu me relamia as feridas do primeiro mordisco que me dera o inverno Ancarés a resgardo na miña casa. Non fora traidor, xa nos tiña avisado…

Cando puiden voltar ó Cebreiro o primeiro que vin nada mais baixar do coche foi o meu compañeiro apartando a neve da porta da palloza pra poder entrar, 

20191118_095058

mais eu xa estaba dabondo motivado como para que unha nevada me tirara para atrás. Así que lle perguntei resolto a Santos: 

– Que fazemos?

– Sube o teito, imos ver como esta a cousa.

O teito acumulaba palmo e medio de neve.

 

20191118_095947

Había que quitala e as caras do meu compañeiro falaban por si mesmas. 

20191118_095959  

Aquelo parecía Siberia mais eu estaba encantado de poder estar ahí.

20191118_102601~2

O sol todavía non se había olvidado de nos e a media mañá saiu a botarnos unha man coa neve, e de paso subir a moral. A beleza do Cebreiro esta no seu cumio cando tal sucede.

 

20191118_092429~2

Pero había que seguir traballando mentras o tempo nolo permitira.

 

20191118_111927

A Juan non lle facía ningunha gracia traballar con estas condicions, eran condiciones extremas de teitado e nos invitou a que o deixaramos.

 

IMG-20191120-WA0015~2

Eu lle contestei: Pero Juan, se agora estamos no mellor!

E na sua cara se dibuxou un sorriso dos máis bonitos que del recordo, parecía tal cual un dos elfos de Papanoel. 

20191118_134155     

Eran homes duros de corazóns brandos, sen dúvida a mellor das misturas.

20191118_134201 

Que gran equipo!

E o inverno acordou darnos unha pequena tregua. 

 

20191118_154742~2

Juan aproveitou pra facer acopio de mais palla.

 

20191120_132611

E nos pra seguir traballando a como dera lugar.

IMG-20191120-WA0016~2 

Ei de recoñecer que estas condicións de traballo so se poden aguantar cando a implicación do grupo vai máis alá da obriga e entra no persoal, no amor propio, no orgullo. 

Pero tamén cando baixas do teito e contas co calor e o recoñecemento da veciñanza, moitos deles xa amigos, que non sin certa retranca nos comezaban a chamar “os teitadores salvadores”.  

 

20191120_134329

E tamén claro está gracias os pinchos, viños e cocidos cos cales nos obsequiaban pra que non esfoláramos co frío.

 

20191120_151312

 

Non resulta difícil explicarse porque esta xente que vive nas serras orientais da Galiza lle ten tanto amor a matanza.

Quen podería ter sobrevivido aquí se non fora porque nestas datas de comezos do inverno, na que o frío e a escuridade impoñen o seu reino, a despensa esta chea de novos manxares e arredor do lume seguen xuntandose a disfrutalos.

20191127_142152 

Poucas cousas tan simples son tan reconfortantes: o calor da palloza, o fume que sae da carne que chía nas brasas, un vaso de viño na man e a conversa cos que van chegando. Eles lle chaman filandón. 

 

20191127_142322

E nos permite volver a sentir coma aqueles pastores Ancareses nun dos mellores momentos das suas simples e rigurosas existenzas.

 

20191127_144415

Cando o medio é tan hostil os homes non temos mais remedio que colaborar se queremos sobrevivir, non cabe a competencia. De esto ainda saben algo no Cebreiro en forma de código non escrito, uns veciños deben axudar os outros no que se poda.

20191001_155048

O inverno e longo, tempo haberá para devolvelos favores. Os cartos ainda non mandan en tódolos intercanvios.

 

20191127_153248

 

O que me fixo caer na conta de que fora o calor humano o que realmente nos quentaba por dentro cando aterecíamos de frío no teito permitindo albiscar o final.

 

IMG-20191119-WA0000~2

 

 Mentras a palloza iba pouco a pouco recuperando a sua forma.

 

20191120_131846

 

 

E o sol marchaba pola porta, pechando o inverno tras de nos.

pechadura

 

 

             ∗                      ∗                        ∗

 

 

 

 

No derradeiro mes do ano o tempo convertiuse no principal protagonista.

A tregua que nos concedera tiña trampa, nos días de sol, as xeadas á maña eran fabulosas.

xeada 

impedindonos traballar ata que o sol tocaba as pallas.

 

desxeo copia

No lado suroeste do teito onde nos estábamos eso sucedía ben entrada a mañanciña. Namentres, semellaba máis ben unha placa seca de palla encalada.

Non había boa forma de atar a palla nova contra a vella.

carros xeados

  

As primeiras horas do dia poñían a proba noso temple,

20191204_100818~3

nas últimas xa estabamos totalmente destemplados.

Aquelo, claro está, ralentizaba o noso traballo, polo que tardamos ata perto do nadal en alcanzar o peche do cumio, casi un mes dende que comezaramos a teitar.

O meu compañeiro Santos ficou realmente esgotado, fixo un agocho entre as pallas e abandonouse o sono. Eu tiritaba máis abaixo ó socairo do vento, facía un frío do demo!

20191210_173730

Juan subiu inmediatamente onda nos e compuso unha forma extraña nel, habíamos chegado por fin o remate!, o cabo da obra! e aquelo era a firma final dun mestre artesán.

 

20191210_175632

 

Mais intuía que non había de quedar así. O inverno que nos hostigaba de cotío xa se sentía cómodo no Cebreiro e non permitiría que aquela simpática figura de pallas libres ó vento perdurase máis alá del.

Nos vindeiros dias comenzóu de novo a chover con forza. A tregua acabarase.

 

20191216_165532~2

Pero o choio xa estaba feito, tan so quedaba poñer o veo de uz ó redor do cumio coma se fora un cosido, trabando firmemente así as partes máis expostas ós elementos.

 

20191216_112814

Daquela xa tiñan aparecido goteiras en varias pallozas e compría deixar eso resolto agora que a chuvia nos facía doado atopalas.

Juan tomou de novo a iniciativa, calzou o traxe daugas e apretou o cu contra o teito resolto a acabar con elas.

 

20191216_112731

Eu non quitaba ollo do ceo, había algo épico naquel traballo seu.

Semellaba o Capitán Acab tratando de dar o golpe de gracia a Moby dick cunha humilde espada de madeira.

 

20191216_104117

Sen embargo a luz imperante non presaxiaba un final feliz.

 

20191211_093801

Envalentonados pola súa demostración de coraxe, nos fumos contra as outras pallozas coa mesma determinación. ¡acabar coas goteiras!

 

20191216_165229

 

 

 

Mais a temperatura estaba chegando o punto de conxelación, non había corpo humano que aguantase aquilo sen traxe espacial, coma os que levan os alpinistas o Annapurna.

Ademáis a forza do vento arrastraba a chuvia facendo dificil ata manter o equilibrio… a cousa estabase poñendo francamente perigosa.

 

20191216_164308_002

A media tarde sobrepasamos o punto de coxelación e arrancou a nevar, na intemperie non tardou en ficar todo presa do seu manto.

 

Vámonos dixo Santos! hay que saber cando retirarse! 

 

20191216_164655

O marchar mirei para atrás, as poucas cores que quedaban con vida 

desaparecían rapidamente a ollos vista.

ufffffffffffffffffff

 

A maña do seguinte día todo apareceu completamente conxelado.

Conxelaron os cruceiros.

20191217_094326_001

E a dama de bronce que da a benvida os romeiros.

 

20191217_094733

Conxelaron as estradas.

 

Julian o escrequenado

Conxelaron os acivros do cemiterio.

 

20191218_101822~2

Conxelaron os piornos nos montes.

 

20191217_112632~2

e as xestas nos prados.

20191217_170016~2 

Conxelaron as árbores todas.

 

 

 

 

Conxelaron as pallozas.

 

20191218_100729

E tamén a igrexa de Santa María.

Santa Maria congelada 2 copia     

Polo Cebreiro pasara o abrazo de xeo que trae a invernía, 

 

20191217_113008~4

tornando todo o que era vello pra os meus ollos en algo novo, de mortal beleza.

 

20191217_110524

Subín as agachadas ata o cumio,

20191217_095721 

non había nada que facer.

– Esperaremos ata que quente algo o sol, non podemos quedar así.

20191217_162426 copia

Pero o sol non quentou mais alá que pra derretir a capa superficial de neve 

ata convertir todo en xeo.

 

20191218_101242~2

o que antes semellaba un teito de cal e palla, minimamente abordable, agora o era de puro cristal. 

Así era, non había nada que facer…

 collín o movil, fixen as últimas fotos o pé da palloza. 

 

20191217_101709~2

e marchei do Cebreiro contrariado,  

as navidades chegaran, xa non se podía facer máis. 

O inverno, na última xogada, gañaba definitivamente a partida.

 

      ∗                           ∗                              ∗

 

 

 

 

Este podería ter sido un bo final para os nosos traballos se como din os vellos: «as cousas foran coma deberían ser». Mais os invernos de agora xa non son coma os de antes, aqueles nos que a neve caída nos Ancares non marchaba ata a primavera.

Para ben ou para mal todo muda con rapidez.

Vivimos inmersos nunca crise que non respeta nin sequera as estacións.

Coa chegada do solstício invernal o sol voltou cunha forza desproporcionada e a neve non lle quedou mas remedio que liscar.

Juan non había de desaproveitar a oportunidade e o día da noiteboa recibín por wsp un inesperado agasallo.

 

IMG-20191225-WA0000

En verdá, non soupen se alegrarme por aquela victoria a destempo.

Creo que me gustaba máis o outro final…

                                         ∗

Quero facer dende estas últimas liñas unha pequena homenaxe os máis vellos veciños que tiven a honra de coñecer no Cebreiro, e que todavía acordan aquelas longas invernias nas que a vida case quedaba en suspenso durante meses.

Xente como Mercedes e o seu marido Pepe

Mercedes y pepe 

como Carolo

 

20200115_123158

ou Jose Maria.

 

IMG-20191218-WA0011~2

e moi especialmente a Pilar

20191002_192325

e o seu marido Luis,

20191204_114258

 

Eles son o maior patrimonio que posui esta aldea, pois ademais de conservar unha xenerosidade doutra época, son tamén a memoria viva dun tempo que marcha sen decatarnos.

Se pasades algún dia por alí, non deixedes de falar con eles, 

sei de primeira man o moito que lles gusta, 

con sorte habedes escoitar historias imposibles de imaxinar.      

Bo camiño, pelegrins!

 

20200115_093141~3

Deja una respuesta