A Burla Negra

Teño un bo amigo co cal tiña unha conta pendente dende que abrira na cidade vella de Vigo un local ben chulo, de nome “A BURLA NEGRA”.

Pediume que lle fixera algo pra colgar na parede coma homenaxe o ultimo pirata do Atlantico de nome coñecido: Benito Soto, natural de Pontevedra e morto na forca ala polo ano 1825 en Xibraltar.

Falar de piratas e sempre un tema goloso, sera por que moitos de nos ainda temos presente a romantica vision popularizada por Espronceda na sua poesía, máxime se como parece ser o caso Benito Soto e o seu barco, A burla Negra, foron os ispiradores daqueles Famosos versos:

Que es mi barco mi tesoro

Que es mi dios la libertad

Mi lei, la fuerza y el viento

Mi unica patria, la mar.

Asi que cando me dou o OK, (antes tiña que estar seguro de que lle iba a compensar a inversion) non tardei en poñerme a facer un colage no cal se contara visualmente o pouco que se lembraba da sua vida.

O proceso de elaboración había de ser complexo, habida conta da variedade de materias empregados: madeiras, telas, papéis, cartón, ferros, cordas, e toda unha morea de obxetos decorativos que tiven que buscar polos sitios mais variopintos dende praias ata anticuarios.

Comecei por  traballar sobre o soporte, tendo presente que queria unha organización tripartita centrada sobre un planisferio no que se detallaran as suas piraterías.

Sin-título-1burla 1

 

O redor deste mapa, empezando pola sua esquerda, faria unha lembranza do que fora a vida de Benito Soto e o seu tráxico destino (morrera con apenas 25 anos). A dereita sen embargo deixando voar mais a imaxinacion, pondria ante o expectador unha fiel reproduccion do mapa feito por un dos membros da tripulacion, que logo tolearia,  para deixar constancia do agocho do famoso tesouro enterrado nalgunha parte das illas Cies antes de que o famoso pitara fora aforcado.

a burla 2

 

En paralelo iria facendo os retratos dos menbros da tripulacion sospeitosamente parecidos os que dende que o local abrira, ai cinco anos, veñen poñendo as copas. Cada un que interprete o que guste…

a burla-3

 

Entre eles, Santiago Alonso de Diego alias Saint Cyr de Barbazán estivo diretamente implicado no agocho do tesouro como  suxire o colage… e como eu ben sei, ainda que agora se faga pasar polo dono dun respetabel negocio chamado “a Burla Negra”.

A burla-4

 

Pero agora debo calar…xa e falado de mais, os que estén interesados en saber mais cousas sobre Benito Soto ou sobor do seu tesouro que consulten a bibliografia do seu xuicio ou pregunten na cidade vella de Vigo pola Burla Negra, se cadra, ainda poderan sonsacarlle os “superviventes” daquel tráxico episodio piratico mais informacion da que a mi me deron pra facer esta obra.

 

A burla -5

Deja un comentario