PROXECTO BRIGANTES

Levo xa algún tempo que veño con ganas de pintar os meus ancestros os Brigantes.

Ese foi o nome que se deron a si mesmos os Arthabros, (a tribo dos barcos de pedra) dos que xa vos teño falado noutras partes deste blog.

 

Fran-1

Artabro. oleo/tea

Pero denantes de todo poucas cosas me gustan mais que atopalos de novo, os Artabros ou Brigantes tanto da, entre nos, a parroquia dos vivos. E iso é unha das partes mais interesantes do proceso creativo.

Asi que ando na procura de varios deles. Un campión por exemplo,

PICT2920

un chieftain,

PICT2900

rapaces, etc…

Levo feitos xa algúns bocetos, e comezo a ter claro que o xefe voumo inventar,

PICT2933

En todolos bocetos que fixen aparece a mesma personaxe.

 

2-boceto

Se cadra, algo parecido a este home que aparece neste boceto a color:

 

PICT2982

Ainda que esta todo por facer, conto con alguns achegados e amigos que casan ben nos papeis protagonistas e dos cales “tiro” en momentos coma o presente.

como Waldo o “domador de cabalos”.

 

PICT3041

Magnifico representante da elite guerreira Brigante.

                           ∗             ∗              ∗

Se ti te ves nalgúnha das personaxes representadas nos bocetos, e queres participar como modelo na execucion da pintura podesme mandar unha foto tua o meu correo persoal : mareas@mundo-r.com ou deixarme unha direcion electronica para que me poña en contacto contigo.

Fareiche unha sesión de fotos co atrezo da personaxe e xa esta.

Garantoche que seréi xeneroso como e meu costume. Ademais dos bocetos que salgan de ti levaras unha reprodución firmada pra casa da obra o tamaño que queiras.

Bueno, dentro dun orde, claro! que algún xa se sabe que ten un ego descomunal ;-)

 

                            ∗         ∗         ∗

finalizado o traballo so queda presentalo.

 

VELAI O RESULTADO:

 

 

KONICA MINOLTA DIGITAL CAMERA

Deja un comentario