CABALOS DE TOURIÑAN

touriñan-con-marco

No extremo confín da península ibérica hai outro finisterre que non é Fisterra. Se gustades das paisaxes bravas, dos abismos que abre o mar entre as rochas cando se sabe dono dos horizontes, da humildade das flores do toxo ou da herba namoradeira espallada entre monumentais bolos de granito, Touriñán ten algo que vos amosar.

Hai uns anos din cunha familia de cabalos que aínda non sei ben como sobrevivían os invernos neste cabo arrasado polo vento, e dos cales botei esta pintura coma unha homenaxe o seu vivir no filo do soportable por calquera ser vivo.

 

Velaí como rematei a pintura co seu marco de madeira estampada.

cabalos-de-touriñan-con-marco Cabalos de Touriñán, óleo/ tea, 164 x 62 cm.

                          ∗            ∗            ∗

 

Disfruto tanto da soidade como da boa compañía.

Os pintores románticos do século XIX propuxeron que para concevir unha obra de arte, do caracter que sexa, era imprescindible que o artista traballase en completo recollemento coma se fora un monxe, algo que máis tarde sería levado a cabo pola Irmandade Prerafaelista da Inglaterra Victoriana ata as súas derradeiras consecuencias, e cos cales estou en completa sintonía.

Un dos primeiros pintores románticos  que puxo en practica por propia vontade os modos e maneiras daquelas innumerables xeracións de artistas anónimos que traballaban illados nas súas celas monacais, nos seus cubículos, probablemente dende antes da alta idade media foi o alemán Caspar David Friedrich. Poucos homes han sabido expresar sen palabras o feliz sentimento do traballo calado, da soedade como grata compañeira ou do encontro íntimo, espiritual coa natureza, coma él.

Friedrich deixounos fixado nos seus óleos, nas súas acuarelas, una “nova” forma de entendelo mundo dende a insignificante perspectiva humana, unha forma de ser/estar que probablemente acompañe ó ser humano dende que ten conciencia relixiosa de si mesmo e do entorno no que habita.

Eu quíxenlle rendir memoria con esta humilde pintura.

las-montañas-tambien-sueñan

E dado que tamén entendo a obra de arte coma artesanía, como traballo manual ó xeito dos prerrafaelistas, o marco ou a decoración forman parte indivisivel da mensaxe.

homenage-a-David-Gaspar-Friedrich-con-marco

Homenaxe a Caspar David Friedrich. Óleo / tea.  Marco de madeira / aluminio. 136 cm x 40 cm.

                            ∗            ∗            ∗

E como dicen que non hai dous sen tres, déixovos con esta última pintura que pecha o conxunto adicado as paisaxes esgrevias e solitarias que tanto amamos os románticos.

Montes-de-Erin

Montes de Erin. Óleo / tea. Marco de madeira estampada e aluminio. 110 cm x 50 cm.

Deja un comentario