PASTORES DE BRIGANTIA

Unha fermosa mañá dos comezos de xuño, Ión, o noso pastor, dormita confiado mentras o pánfilo improvisa as súas melodías, dis que de amor.

Sumido nas súas cabilacións o neno escravo pregúntase pola razón do seu destino planeando zicais unha futura venganza daqueles que queimaron a súa vila e con ela a tódolos seus habitantes excepto a él.

Eu protéxoos a todos.

pastores de brigantia

Pastores de Brigantia. Óleo/ tea.

                          ∗            ∗            ∗

PICT0065-copia

  Guillermo. Lápis acuarelable/rotuladores sobre papel. 50 cm x 70 cm.

 

 

                           ∗            ∗            ∗

 

Non é nada novo, moitos artistas non gustamos da sociedade na que vivimos.

Se cadra por isto, buscamos refuxio na nosa arte. Esto, paradóxicamente nos leva a caer con moita frecuencia en obsesións e desvarios, convertíndonos noutro enfermo máis dentro da sociedade da que pretendemos escapar.

Penso que todo o mundo necesita unha vía de escape, pontes que nos conduzan a outra beira, retornar a infancia e crear fantasías que afloxen os cabos que nos atan o presente.

Cando se perde a capacidade de voltar a ver o mundo cos ollos dun neno, a vellez faise dona de nós, e a morte escomeza o seu cortexo.

Por isto gustanme os nenos; aloucados, bulidores, xoguetóns, despistados, inocentes, cariñosos, francos ou mentireiros, primitivos todos eles. Mostra palpable do salvaxe que todavía habitamos, sequera na infancia, e o cal, cos anos, facémoslle un traxe demasiado estreito como para poder levalo comodamente o resto da nosa vida.

A-illa-da-lagoa-dos-nenos

A illa da lagoa dos nenos. Óleo/ táboa

Este rapaz é David, pinteino en numerosas ocasións e seguiría facendoo se se deixara, pero agora xa non quere… penso que ó facerse maior xa non se cree as miñas historias, nin disfruta posando. Comeza a meterse sen sabelo no traxe de home civilizado.

La-medusa

David e a medusa. Óleo/ táboa.

Polo camiño quedan moitísimas vivencias, algunas fixadas en fotografía ou video, outras, as menos, en debuxos e pinturas.

David, non olvides espirte de cando en vez, para voltar a velo mundo como o vías daquela, cando estrenabas mirada.

Davichiño

Davichiño. Óleo/táboa.

                          ∗            ∗            ∗

Deja un comentario